miércoles, 15 de abril de 2009

- Globalmente, ¿Cómo valoras as duas tempadas que levas á fronte do equipo xuvenil?

A valoración é moi positiva, aínda que cando comecei carecía de experiencia, a ilusión e as gañas de traballar e facelo ben fixeron que o traballo fora satisfactorio.
Na primeira tempada quizás acusasemos moito a corta plantilla tanto xuvenil como do equipo senior que facía que moitas xornadas tiveramos que cederlles xogadores. Esta segunda tempada, coa entrada da nova directiva, deuselle mais importancia o equipo xuvenil e formamos un plantel completo e moi competitivo.

- Colliche o equipo xusto antes de empezar a temporada pasada logo da marcha de Miranda. ¿Contabas que o equipo se repuxese tan ben logo dun cambio tan repentino e que a moitos colleu de sorpresa?

Nun principio pensei que o equipo acusaría mais este cambio, pero a adaptación tanto pola miña parte como por parte dos xogadores foi moi boa. Partía coa ventaxa de que coñecía bastante ben o equipo e os xogadores facilitaronme o traballo en todo momento. Collín o equipo nos ultimos partidos de pretemporada o que fixo que aínda puidera realizar algun axuste antes do comezo da competición.

- ¿Qué xogador dos que adestrache te sorprendeu máis?

Aparte de Jorge, que xornada tras xornada non deixa de sorprenderme, quizás a notable melloría que durante estes dous anos experimentou o porteiro Xoel ou o olfato goleador de Matelo, xa que entre él e Jorge acumulan 60 goles, o 90% dos tantos conseguidos por todo o equipo.
Aínda que este ano me sorprenderon notablemente todos os xogadores, pola súa integración e o seu traballo durante toda temporada. Fomos un bloque moi disciplinado e deixando unha grata imaxe en todolos campos.


- Facía anos que o pobo non se volcaba tanto co equipo. ¿Esperabas que A Pontenova estivera tan pendiente dos resultados do Sporting?

Non, a verdade e que me colleu por sorpresa. Houbo algún partido no que o Campo da Mina rexistrou unha alta presencia de aficionados, como por ejemplo contra o Foz ou o Sagrado Corazón e por suposto a xente que se desplazou o Municipal de Foz, no partido máis importante da temporada que nos fixeron senteir como na casa. Dende aquí agradecer a todas esas persoas que nos apoiaron durante a tempada e pedir un último esforzo para esta Promoción de ascenso xa que é a primeira vez na historia que a Pontenova vai vivir algo similar cun equipo xuvenil.
Quizás este recoñecemento por parte do pobo é debido o bo traballo realizado polos rapaces.


- A nova directiva inxectou aire fresco o equipo. ¿Influíu esto na boa temporada de ambos conxuntos?

Si, eu creo que si. Aínda que se formou tarde, comezaron a traballar e a moverse para facer dous equipos competitivos nas súas respectivas ligas. Ademáis de conseguir novos patrocinios e colaboradores, os fichaxes non tardaron en chegar, así o equipo de rexional incorporou xente nova como Garboso ou Javi, xogadores fundamental durante toda a temporada.
Pola súa parte tamén o equipo xuvenil incorporou reforzos importantes como Joel, Matelo ou Hugo Leivas.
Ademáis comezouse a promocionar máis o fútbol a nivel de pobo e estase intentando unha implicación maior da vila co Sporting Pontenova, cousa que xa se pode contemplar cada fin de semana no Campo da Mina.
Agradecer dende aquí o gran traballo que está a realizar Serafín, que no seu primeiro ano de presidente pode acadar dous ascensos, todo un éxito.

- A aportación de novas fichaxes como Matelo, Leivas ou Joel foi importantísima. ¿Tés xa en mente algunha incorporación para o próximo ano?

Bueno, en principio aínda non está decidida a miña continuidade á fronte do equipo xuvenil, pero en caso de que continúe unha temporada máis, o miña prioridade será asegurar a continuidade no equipo dos xogadores máis importantes debido a que xa tiñeron ofertas a pasada temporada de equipos de superior categoría. Logo diso, a verdade e que pode haber tres ou catro xogadores importantes pola comarca que podemos intentar que formen parte do Sporting Pontenova Xuvenil 2009/2010.

- Moitos dos teus xogadores xa competían co equipo xuvenil estando aínda en idade cadete. ¿Crees que foi positiva a experiencia que colleron nesa etapa?

Aínda que nun principio non o pasaron ben, é unha experiencia moi importante, xa que nun futuro van a ser xogadores moi completos.
Temos o claro caso de Sergio Arango, que aínda é cadete, e xa o ano pasado con 15 anos xogou a maior parte da 2ª volta en segunda rexional como titular da man de Andrés Lombardero, persoa que lle hai que agradecer a súa implicación coa canteira durante a súa etapa de adestrador do Sporting Pontenova.
Outro caso salientable na actual temporada é o de Adrián Picota, que sendo cadete, disputou case a totalidade dos minutos da temporada e ten un futuro envidiable.

- Os xuvenís van participar por primeira vez na historia na fase de ascenso á liga galega. ¿Antes de empezar a temporada contabas rematala desta maneira?

Pensaba que eramos máis competitivos que o ano pasado, e estar nos postos altos da táboa, pero nunca pensei rematar en segunda posición. Non fixamos obxetivos ata o remate da primeira volta, e daquela o balance era moi bo xa que non contábamos con ningunha derrota e tan só dous empates.
A motivación e entrega do equipo xornada a xornada foi moi elevada o que fixo que poidamos estar falando dun excelente papel do equipo nesta tempada.

- ¿Cómo ves a fase de ascenso? ¿Ves ó Sporting Pontenova competindo en Liga Galega o próximo ano?

A fase de ascenso é algo moi diferente a liga. Primeiro teremos que xogar unha fase previa contra o segundo clasificado do Grupo 9, que sinon se produce un milagre, todo indica que será a S.D.C. Milagrosa e logo todo dependerá do que nos depare o sorteo, tanto os rivais como o sorteo de campos.
Se por méritos deportivos o equipo consegue ascender, a directiva traballará para conseguir todos os medios para que a próxima temporada A Pontenova teña un equipo na Liga Galega Xuvenil.

- Como xa dixeche, salvo milagro o rival nesta promoción de ascenso será a Milagrosa, de Lugo. ¿Coñeces o rival? ¿Tes xa algunha idea de cómo vas afrontar ese partido?

Teño algunha referencia, pero polo momento non o teño estudiado. A forma de afrontar a eliminatoria dependerá da orde de campos. Eles xogan no Luis Gorgoso (Frigsa), é un campo non moi grande, pero o gran inconvinte para o meu plantel é que é de herba artificial. Nun principio contamos facer un bo papel en Lugo e gañar a eliminatoria no Campo da Mina co apoyo dos nosos aficionados.

- ¿Que equipos consideras favoritos para lograr o ascenso?

Persoalmente non teño favoritos, supoño que o Sagrado Corazón non terá moitos problemas para conseguir o ascenso. Polo demáis todo dependerá do que depare o sorteo xa que os equipos da Coruña, na miña opinión están noutro nivel.

- Tamen estás xogando co equipo de terceira autonómica. ¿Confías en lograr o ascenso cos dous equipos?

Na miña opinión creo que é máis fácil de conseguir o ascenso co equipo de rexional xa que gañando os dous partidos que restan do campeonato, o equipo será de Segunda Rexional. A clave está esta xornada no desplazamento a Candelaria, pero considero que o equipo ten a motivación e a calidade necesaria para conseguir o salto de categoría.

- ¿Cómo valoras a temporada en terceira autonómica?

A tempada comezou cun gran revés logo dos problemas de saúde do que ia ser adestrador Roberto Ramallal, pero sobrepuxemonos a eso e coa incorporación de Sachas todo comezou ben. A temporada foi bastante completa, quizás, na miña opinión, faltou un pouco de implicación, pero o equipo está funcionando a perfección e os resultados que se están a colleitar son moi bos.
En xeral esta sendo unha boa temporada que esperemos que finalice co ascenso de categoría e unha boa actuación na copa.